martes, 27 de noviembre de 2012

SEGUE A RACHA DOS SENIOR. AS XUVENÍS CEDEN O LIDERATO

C.V.PADRÓN 3 - 1 C.V.RIANXO - LIGA ZONAL XUVENIL FEMENINA
(25-21/22-25/25-22/26-24)

 Axustada derrota a das xuvenís en Padrón esta fin de semana, que caeron 3-1 cuns parciais moi axustados. Logo de confirmarse a baixa de dúas colocadoras para o encontro, os adestradores víronse na obriga de entrenar o sistema de unha colocadora, o que se cadra foi o condicionante do resultado final. Desmostrando o porqué da súa primeira praza, as de Padrón mantiveron o nivel de xogo durante todo o encontro, obrigando ás rianxeiras a esforzarse ó máximo, en especial a colocadora, Yaiza, que se tivo que afacer ó sistema nun só partido. Con todo, e como xa ven sendo costumbre, o saque das nosas xuvenís segue sendo o condicionante dos encontros, unha mágoa que desta vez non fora suficiente para acadar a victoria. Logo de empatar 1-1 no 2º set e ceder o 3º por só tres puntos, as rianxeiras caeron nun emocionante final pola mínima 26-24.
 Esta derrota cédelle a primeira praza ás rapazas de Padrón, quedando as nosas xuvenís en segunda posición. Esta semana recibirán en Rianxo ó C.V.Santiago, terceiro clasificado. Moita sorte!


C.V.RIANXO 0 - 3 EMEVE - LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA
(10-25/11-25/16-25)

 Clara derrota dos infantís fronte o EMEVE, o líder da categoría, nun partido que durou pouco menos dunha hora. Sabendo a dificultade do encontro, os infantís saltaron á pista con todas as ganas, pero o bo saque rival e en conxunto a súa superioridade no xogo deseguida fixo que baixaran a cabeza, deixando de pelear os puntos e facendolle ó EMEVE o partido máis fácil do que xa era. Pese ós nervios e a falta de concentración, os rianxeiros demostraron uns destellos de calidade no terceiro set, ainda que logo se esfumaban co potente saque lucense. 
 Con esta derrota os infantís manteñen a quinta posición na clasificación, só que cun encontro de máis respecto dos seus perseguidores. Deberán espabilar se non queren quedarse á cola! Esta xornada desprazaranse á Coruña para medirse ó Calasancias, terceiro clasificado. Sorte!


C.V.RIANXO 3 - 0 EMEVE - 2ªDIVISIÓN A MASCULINA
(25-14/25-12/25-20)

 En pouco menos de 50 minutos remataban os senior o seu encontro fronte o EMEVE cun claro 3-0. Os lucenses, que se presentaron cun equipo case xuvenil, acusaron a baixa para este partido de Jose Valle,  non foron rival para a defensa en primeira liña e o ataque rianxeiro, que vía como case cada acción se convertía nun punto a favor. Dado o claro parcial do primeiro set, o adestrador decidiu darlle minutos ós usuais suplentes, que lonxe de empeorar o resultado ainda o melloraron en 2 puntos cun 25-12. Boa actuación de Anxo, Suso e Cristian, que viron recompensado o seu esforzo nos adestramentos cun partido que souperon solventar sen problemas.
 Os senior rianxeiros manteñen a racha de victorias, sendo esta a súa quinta consecutiva, que os sitúa en 2ª posición cun partido de máis respecto do San Sadurniño, 3º clasificado. Esta semana tócalles descansar debido ó partido xa desputado contra Narón cun 3-0 a favor. Semana que terán que aproveitar para adestrar, dado que para a seguinte xogaranse media liga nos seus deprazamentos a Teis e a Noia. A seguir traballando!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

o dia que vos falten millagui(colocador)e brais aber que fasedes porque...pufff

Héctor dijo...

Bah, eso é que non me vistedes a min de colocador...