lunes, 18 de febrero de 2013

3 victorias de 4 encontros. Non está mal!

C.V.RIANXO 3 - 1 BURGAS VOLEI   LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA
(16-25/25-16/25-18/25-18)

 Facía dende a primeira xornada que os infantís non se encontraban ca victoria, e que mellor que facelo fronte o seu rival directo por ser o pechacancelas da táboa, o Burgas Volei. 
 Logo de uns últimos adestramentos moi bos por parte dos pequenos, chegou o día de levar á práctica todo o aprendido. E así foi. Logo dun primeiro set plagado de erros polo noso lado, os infantís déronse conta do que había que facer para levarse o encontro e comezaron a asegurar cada balón. Isto, xunto co bo traballo en defensa, dificultaba ós ourensáns a suma de puntos, que cada vez lles costaba máis. Co número de erros reducido ó mínimo, incluso no saque, que viña sendo un lastre nos últimos encontros, os rapaces superon controlar o partido a partir do segundo set e asegurarse unha victoria cuns parciais moi cómodos.
 Esta victoria aúpa ós infantís ó 6º posto da clasificación, e aínda que non está todo decidido a falta de 4 xornadas para rematar a competición, os infantís teñen case asegurado o non-último posto.
 Esta xornada levaraos a terras lucenses o sábado pola mañá para enfrontarse ó peor dos rivais posibles, o EMEVE, primeiro clasificado. Sorte!


C.V.SANTIAGO 3 - 0 C.V.RIANXO   LIGA ZONAL CADETE FEMENINA
(25-14/25-13/25-17)

 Clara derrota das cadetes en tres sets fronte o primeiro clasificado da categoría, o Santiago, que fixo valer a súa condición de campión nun difícil encontro para as nosas. 
 Superadas en altura, forza, e non tanto en xogo, as cadetes rianxeiras só puideron defender ante o rival co ataque e servicio máis potentes da liga. Cada vez que as nosas se achegaban no marcador grazas a unhas boas defensas e uns ataques ben colocados, as santiaguesas logo se distanciaban dende a liña de nove metros cuns canonazos impresionantes para esas idades. Malia todo, as rianxeiras non tiraron a toalla e xogaron ata o final, conseguindo no 3º set o mellor parcial.
 Por parte do Rianxo xogaron: Paula, Marta, Sara, Laura, Lía e Diana.
 Esta derrota sitúa ás cadetes nun definitivo 4º posto da táboa. A vindeira e última xornada desta liga cadete zonal femenina enfrontará ás nosas co San Sadurniño, penúltimo clasisficado. Esperemos que se repita o 3-1 a favor do partido de ida!      


C.V.SANTIAGO 2 - 3 C.V.RIANXO   LIGA ZONAL XUVENIL FEMENINA
(24-26/22-25/25-23/25-22/13-15) 

 Partido de infarto de pouco máis de dúas horas o domingo pola mañá na capital, onde as xuvenís se enfrontaban ó Santiago na loita polo segundo posto da táboa.
 Como no encontro anterior das cadetes, as xuvenís mantiveron o seu xogo dende a defensa, moi sólida durante todo o encontro, fronte uns ataques locais que pouco teñen que envexar ós da liga galega. A igualdade no marcador, presente en tódolos sets, só se rompía dende os 9 metros, cos dous equipos moi atinados que forzaban ó máximo a recepción do rival. 
 Logo dos dous primeiros sets a favor para as nosas, as santiaguesas meteron primeira no terceiro set, chegando a ter unha vantaxe de ata 10 puntos (21-11). Con todo, as nosas non deixaron de pelear, e con dúas boas rachas de saque puxeron o 23-22 no marcador, que finalmente se levarían as locais logo de outras xoias desde o servicio. No cuarto set non impuxeron unha vantaxe tan ampla no marcador, pero sí no xogo, moi eficiente na defensa, o que obrigaba ás rianxeiras a forzar o ataque ó máximo. Logo duns erros cometidos a finais do set, as locais acadaban o empate 2-2. No tie-break o Santiago seguiu na mesma liña de xogo, acadando unha considerabe vantaxe (9-3), pero as nosas voltarían tirar da defensa para poñelas contra as cordas 13-13 e finalmente levarse o encontro tras dous puntos finais agónicos.
 Polas xuvenís xogaron: Yaiza, Ana, Paula, Ainhoa, Naomi, Alicia, Diana, Laura, Sara e Jenny.
 Con esta victoria as xuvenís teñen case asegurada a 2ª praza da clasificación, a esperas desta última xornada que as enfrontará contra o último clasificado, o Voleibol Maniotas. Sorte!


C.V.RIANXO 3 - 2 BURGAS VOLEI   2ªDIVISIÓN A MASCULINA
(25-21/19-25/25-19/26-28/15-11)

 Retomaban a actividade os senior logo de tres semanas de parón, tres semanas que lles pasaron factura neste encontro. Ainda que en liñas xerais non fixeron un mal partido, ós senior puidolles a confianza tanto no segundo set coma no cuarto, nos momentos de manter as vantaxes, o que fixo que os ourensáns forzaran o tie-break logo de tirar un cuarto set cun 22-16 a favor. Con todo, os rianxeiros superon dominar a situación nos momentos clave cun bo ataque e unha boa defensa en segunda liña. Cun 8-5 a favor no cambio do quinto set, os senior mantiveron esta vantaxe para rematar un partido no que se deixaban un valioso punto.
 Logo desta victoria os senior manteñen á 3ª praza da clasificación a falta de tres xornadas para que remate a competición. Esta xornada desprazaranse a Lugo para enfrontarse ó EMEVE, quinto clasificado, e despexar dúbidas para o derradeiro encontro da tempada que os enfrontará contra o Noia nun partido que semella moi emocionante.


   

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Es cierto que para el año no vais a quitar equipo senior masculino? llego a mis oidos que miguel mas brais no siguen

Héctor dijo...

A cousa está no aire, este ano acabamos moi xustos. Xa se verá ó larjo do verán se a xente quere sejir ou non.

Anónimo dijo...

No sacais equipo?? con lo que fue rianxo... es una pena que no siga toda aquella banda de la época de primera... donde esta toda esa gente, retirados??? unos años fuera e pierdo el hilo!!

Anónimo dijo...

Pues si no sacais equipo...que va pasar con los jugadores que aun estaban este año ahi? miguel el colocador, brais, carlos...

Héctor dijo...

Esta temporada acabamos indo 6 xustos ós partidos debido a dúas lesións, se para o ano xuntamos 8 pois intentarase sacar.

Dos titulares daquel primeira quedamos 4, Miguel, Brais, Jose Manuel e eu. O resto noutros clubs (Mario en Boiro e Marcos en Noia), ou retirados, por motivos de traballo ou simplemente porque hai outras responsabiliades ás que atender antes có voleibol.

Ninguén está interesado noutra temporada ca xente xusta, pero ainad queda o verán para pensar e sobre todo o voleiplaia XD

Anónimo dijo...

Teneis que sacar equipo¡¡ comerle la cabeza al millagui que ese si le peta juega y si tiene ganas bua.....

Anónimo dijo...

renovar la pagina coño¡¡¡¡