domingo, 7 de octubre de 2012

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 C.V.RIANXO
(18-25, 20-25, 25-15, 28-26, 15-13)

Estreo ligueiro con derrota do equipo da 2ª división autonómica en Barraña fronte o Boiro Voleibol. A pesares dos numerosos erros no saque os rianxeiros levaronse os dous primeiros sets con comodidade grazas a un forte ataque na rede que facía imposible a defensa local. A partir do 3º set chegou o desastre, onde aumentaron os erros xa non só no saque, senon en todalas facetas do xogo, o que lle permitiu ós boirenses unha mellor defensa e o seu consecuente cotraataque. No 4º set mantívose a igualdade ata o final, onde 2 erros consecutivos na recepción rianxeira deron pase ó tie-break. Logo dun tempo morto solicitado polo adestrador ó ir 6-1 por debaixo, os rianxeiros déronlle a volta ó marcador, sendo o cambio de campo 7-8 ó seu favor. Tendo despois un 10-12 favorable, os nosos deixaronse coller e desaproveitaron unha bola de partido, que sumado ós erros posteriores na recepción e colocación fixeron que os locais se levaran o set e o encontro, que durou algo máis de dúas horas.

Logo desta primeira derrota os rianxeiros estás terceiros na clasificación, onde o outro encontro da xornada o gañou San Sadurniño ó EMEVE por 3 sets a 0. Hai que mencionar a implantación do novo sistema de puntos, onde unha victoria 3-0 ou 3-1 che otorga 3 puntos e nun 3-2 o vencedor se leva 2 puntos e o perdedor 1.

A próxima xornada toca descansar, repasar os erros e adestrar, que ainda queda moita liga por diante!


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Animo chabales¡¡¡¡ quedachedes poucos pero os que quedades podedes demostrar que rianxo sije estando ai¡¡¡ cabeza arriba e a por todas

Héctor dijo...

Personalmente creo que foi un mal partido, vale que os dous primeiros sets janaramos "fasil" a pesar de fallar 6 ou 7 saques, pero asi que deixaron de fallar eles cajamola nós. Moitas imprecisións, esperemos que sexa culpa da falta de adestramento.
Para min o mellor do partido foi a actitud, non creo que houbera ningún momento no que a xente se relajara ou se confiara, e eso sempre é un paso adiante.

Aproveito para desir que o que fai as crónicas son eu, asi que se alguén se lle parece mal ou quere cambiar aljo que o comente, que pa aljo está esto. Ah, e non costa nada poñer o nombre cando se comenta.