(25-20, 15-25, 22-25, 25-6, 12-15)
Axustada victoria dos infantís no seu debut na liga galega. O equipo adestrado por Xurxo Vázquez consegue o seu primeiro triunfo no derbi contra o Boiro en Barraña, situandose así no 3º posto da táboa logo das victorias do EMEVE e Manuela Rial fronte o Santa María e o Burgas Volei respectivamente.
Por parte dos rianxeiros xogaron: Mauro, Alex, Samuel, Aarón, Xabier Lojo, Juan Manuel, Pedro, Xabier Galbán e Juan.
Na vindeira xornada, salvo cambio de última hora, enfrontaranse ó Santa María del Mar, moita sorte.
Por outra parte, citar os horarios de adestramentos dos que dispoñemos de momento, á espera de conseguir algunha hora máis a maiores:
Luns.-
Media pista.- De 16:00 a 17:30 Benxamíns
Mércores.-
Media pista.- De 16:00 a 17:00 Alevín-infantil masculino
De 17:00 a 18:00 Alevín-infantil feminino
De 18:00 a 19:30 Cadete-xuvenil feminino
Venres.-
Pista 1.- De 16:00 a 17:00 Benxamíns
De 17:00 a 18:00 Alevín-infantil feminino
Pista 2.- De 16:00 a 17:30 Alevín-infantil masculino
De 17:30 a 19:30 Cadete-xuvenil feminino
Saudos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario