martes, 23 de octubre de 2012

MALA XORNADA PARA O CLUBE

C.V.RIANXO 0-3 SAN SADURNIÑO - 2ªDIVISIÓN A MASCULINA
(23-25, 22-25, 23-25)

Derrota en 3 sets do equipo senior masculino fronte o San Sadurniño, vixente campión da categoría e un dos rivais a batir esta tempada. Partido moi emocionante no que a igualdade estivo presente en todo momento, sendo o equipo visitante o que máis apretou nos finais de set para levarse o partido. Os tres xogos foron prácticamente idénticos, igualdade ata o 20-20, momento no que os rianxeiros repetían os erros do seu primeiro partido contra o Boiro e deixaban escapar uns valiosísimos puntos que lle costarían a derrota. 

Logo deste encontro, o Rianxo atópase 5º con un punto nunha táboa que está encabeza polo San Sadurniño, que segue invicto.

Os outros encontros da xornada foron: O derbi Boiro-Noia, que se levou o Noia por 0-3 e o Teis-Burgas Volei, vencendo Teis por 3-1.



SANTA MARÍA DEL MAR 3-0 C.V.RIANXO - LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA
(25-20, 25-18, 25-9)

Segundo partido dos infantís nesta liga galega, e primeira derrota fronte un Santa María que foi superior, pero que tivo que realizar un bo esforzo para vencer ós rianxeiros.
Nun encontro no que reinaba o saque, os nosos pequenos plantáronlle cara a un rival moi ben organizado e con xogadores altos que mandaban na rede. E coma os maiores, unha racha de erros consecutivos facía que se escaparan os dous primeiros sets. No terceiro set o Santa María apretou moi ben no saque, o que fixo imposible a recepción rianxeira que comezou cun 7-0 en contra e, incapaces de levantalo, cederon o set polo 25-9 final.
Logo desta derrota os infantís póñense no 5º posto cun partido de menos respecto dos dous primeiros clasificados, o Manuela Rial e o Santa María.


Na próxima xornada estreanse as cadetes na liga zonal, onde acompañarán ós senior no seu desprazamento a Narón para xogares ámbolos dous partidos o sábado  ás 18:15 da tarde. Os infantís xogarán pola mañá contra o Manuela Rial ás 11:30.

Moita sorte a todos!

1 comentario:

Héctor dijo...

Na miña opinión o noso 0-3 foi un resultado excesivo despois do partido que fixemos, xa non dijo janar, pero un set ou 2 ben os pudemos ter janado.
Hai que reconoser que Eloy fixo un traballo de carallo con esa xente, porque estaban moi ben orjanisados.
Pero bue, dentro do malo hai que sacar as cousas boas, que nós tampouco lle rejalamos nada.
A sejir mallando!