lunes, 10 de diciembre de 2012

IES TEIS 3 - 0 C.V.RIANXO (LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA
(25-17/25-14/25-15)

 Seguen con mal pé os infantís, que logo deste encontro acumulan unha racha de 7 derrotas consecutivas. Ainda que o Teis era un rival asequible, os nosos pequenos non pudeiron acadar nin un set en Vigo. Dende o saque ata o remate, os rianxeiros non teñen opcións en ataque debido á desgana na defensa e á falta de mobilidade, cousa que aproveitan os rivais para non complicarse o xogo e esperar polos erros dos nosos. Os infantís terán que adestrar moi duro no Nadal se queren sair adiante nesta liga galega.


IES TEIS 3 - 0 C.V.RIANXO 2ª DIVISIÓN A MASCULINA
(25-20/25-21/25-20)

 Tamén tropezo dos senior en Vigo, que ven finalizada a súa racha de catro victorias consecutivas. Ainda que sen realizaren un mal xogo, os rianxeiros non puideron derribar a forte defensa do Teis, moi ordenados na segunda liña. Os tres sets foron un calco, igualdade ata os 17-18 puntos, onde os locais se poñían a traballar atrás sen importar o que puidera pasar na primeira liña, defendendo todo canto os nosos lle botaban. O Rianxo tamén fixo un bo encontro na defensa, pero os erros no bloqueo eran un lastre que os acababa afundido a finais de set, onde os vigueses tiraban da man dos centrais para poñerse adiante no marcador e levarse o encontro.


FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3 - 2 C.V.RIANXO 2ªDIVISIÓN A MASCULINA
(25-19/22-25/25-20/14-25/16-14)

 Derrota pola mínima este sábado en Noia no partido da xornada. Os nosos, logo da rotunda derrota ante Teis, sabían da necesiade de puntuar neste encontro para non descolgarse da táboa. E así foi. No primeiro set estaba o xogo igualado, e foron os propios rianxeiros quenes o estragaron con 9 erros no saque. Dándose conta da necesidade de reducir os fallos, o Rianxo deixou de arriscar co saque forte e buscou o saque mais colocado, co que obtivo bos resultados o resto do encontro. Empatado o segundo set, o Noia tirou do forte ataque do ex xogador rianxeiro Marcos para poñer o 2-1 no tanteo, pero os nosos non se viñeron abaixo e deseguida respostaron cun incontestable 14-25. No quinto e derradeiro set a cousa non podía estar máis igualada. 8-7 para os noieses ó cambio cando ó Rianxo lle veu o baixón de tódolos encontros, desta volta no momento menos oportuno, chegando ó 14-9 para os locais. Fóra de tódalas quinielas, os rianxeiros puxéronse 14-14 logo de dous bloqueos e uns fortes ataques, tanto polas alas coma polo centro. Unha boa xogada do Noia poñía o 15-14 e, logo dun punto final de infarto con ata sete ataques e defensas rozando os focos do pavillón, os locais conseguían poñer o balón no campo rianxeiro pese a tirarse por el tres dos nosos xogadores. 
 Unha mágoa a esta derrota fronte os noieses, que acadaron a condición de invictos na primeira volta da liga. Con todo, os rianxeiros, que se poñen terceiros, seguen ca cabeza ben alta coñecedores da súa capacidade para seguir adiante e apretar tanto ó Noia (primeiro) coma ó San Sadurniño (segundo).

No hay comentarios: