lunes, 28 de enero de 2013

ESTAMOS DE VOLTA!

Logo do parón de Nadal comezan as segundas voltas en tódalas categorías do clube, así que imos cun repaso para poñernos ó día.


DEPORTE ESCOLAR

 Comezaron as súas andadas os máis pequenos a semana pasada cas concentracións en Noia. Resultados dispares para os nosos equipos, onde moitos dos xogadores comezaron este ano e todo o rebumbio destas concentracións lles queda novo.
  Empezamos cos benxamíns, que con 8-9 anos xa levan 3/4 en victorias e se atopan na segunda praza da táboa, cun partido non presentado. Hai que mencionar que a normativa para estas competicións obriga a ter o dobre dos xogadores en pista no equipo (benxamíns 6 e alevíns 8). De non ser así o encontro xógase igualmente, pero con 2-0 ,25-0, 25-0 en contra para o equipo sen tódolos xogadores, cousa que se fai complicada dadas as edades dos rapaces, coma nos pasou esta semana.
 Na categoría alevín presentamos equipo mixto, no que se atopan a maior parte dos rapaces novos, pero que se están afacendo a competir a base de 3 partidos por día. Ocupan a 5ª praza con 2 victorias e 4 derrotas.
 E xa cas "maiores", as infantís. que ocupan a 1ª praza con 2 victorias e 1 derrota, esta última contra o Ames cadete, que milita nesta categoria a pesares de haber unha liga cadete.
 A seguinte xornada de deporte escolar disputarase o 16 de febreiro, asi que a aproveitar estas semaniñas para adestrar.
 Xa sexan victorias, derrotas ou non presentados, o importante nestas idades é que os rapaces o pasen ben, que xoguen ó voleibol e se empecen a formar, como xogadores e como persoas.


INFANTIL MASCULINO

 Seguen na mesma línea os infantís, derrota tras derrota, pero cunha melloría que se vai notado en cada encontro. Condicionados sempre polo saque dos rivais, os nosos rapaces comezan a defender e a montar ataques xa con xeito, pero seguen ca cadencia no saque onde se ven superados sempre polo contrario. Estas rachas no saque dos rivais son as que provocan os baixóns no ánimo dos rapaces, incapaces de reaccionar e quedando sempre 4 ou 5 puntos por abaixo. Ocupan o penúltimo posto na clasificación, 8º. 
 Tamén coma os pequenos, os infantís retoman a competición o 16, recibindo a Ourense na casa.
 Hai que seguir adestrando se se quere mellorar, e eso faise día a día!


CADETE FEMENINO

 Mantense na 4º praza o equipo cadete, a pesares de estar condicionado case sempre polas baixas do equipo xuvenil, o que nos obriga a tirar das infantís para competir. Con todo, esto sempre é positivo, dado que as cadetes cambian o posto respecto dos encontros xuvenís e as infantís compiten noutro nivel, o que serve para seguir mellorando. As cadetes recibirán ó terceiro clasificado, o Xiria, este sábado no municipal de Rianxo.


XUVENIL FEMENINO

 Con contundentes victorias estas dúas últimas semanas, as xuvenís manteñen a 2ª praza da táboa, tan só superadas polo conxunto de Padrón, invicto. Cun bo grupo nos adestramento, as xuvenís seguen mantendo unha notable melloría respecto ó comezo da tempada, sobre todo tendo en conta que é o primeiro ano que xogan nesta categoría. Aínda que condicionadas ás veces polos estudos e últimamente polas lesións, as rapazas seguen na liña da victoria, contundentes 3-0 a base dun forte saque e unha boa defensa. Este sábado reciben a Padrón, encontro clave se queren aspirar á primeira praza. Sorte!


SENIOR MASCULINO

 Logo do tropezo en San Sadurniño, os senior ánclanse na 3ª posición, tendo ó segundo clasificado, o San Sadurniño mesmo, a 8 puntos e ó primeiro, Noia, a 12 puntos. Con todo, restanlles 4 partidos para acabar a tempada, onde tres deles foron 3-0 a favor na primeira volta, e o último contra Noia, onde perderon 3-2, así que non se pode tirar a toalla. O seguinte encontro enfrontaraos co Ourense na casa o día 16, polo que dispoñen de tres semanas para perfeccionar o bloqueo e a defensa.


 Sorte a tódolos equipos e a seguir adestrando!

No hay comentarios: