lunes, 12 de noviembre de 2012

CADETES E XUVENÍS ACADAN OS PRIMEIROS POSTOS. OS SENIOR FANSE CUNHA IMPORTANTE VICTORIA.


C.V.RIANXO 3 - 0 BERTAMIRÁNS
(25-20/25-22/25-21)
                                                                      LIGA ZONAL CADETE FEMENINA
AD XIRIA 3 - 2 C.V.RIANXO 
(25-18/24-26/25-17/17-25/15-5)

 Cara e cruz para as cadetes neste fin de semana. Comezaban ben o sábado fronte o Bertamiráns, que pouco puido facer fronte as rianxeiras e o seu saque. 3-0 doado para as nosas acadado en pouco menos de unha hora, ainda que o esforzo aforrado deste encontro non lles serviu para acadar a victoria ó día seguinte.
Desprazábanse o domingo pola mañá a Milladoiro para medirse ó Xiria. Dadas as baixas respecto ó día anterior houbo que precisar de 3 rapazas infantiles que, sen estares adaptadas ó sistema de xogo cadete, tiveron que improvisar o xogo. Malia empatar o encontro cun 17-25 no cuarto set, as rianxeiras deixaronse ir no quinto, cedendo por un abultado 15-5.
 Polas cadetes xogaron: Paula, Marta, Sara, Diana, Laura, Lía e Carla.
 Ainda que sen desplegar moi bo xogo, as cadetes van gañando os encontros grazas ó potente servizo. Victorias que se lles notan no ánimo e ánimo que se lles ve nos adestramentos, onde van mellorando pouco a pouco.
 Estes partidos sitúan ó noso equipo cadete femenino PRIMEIRAS, cun partido de máis fronte o Ames, segundo, con quen se enfrontará a vindeira xornada. O encontro terá lugar no pavillón municipal de Rianxo o sábado pola mañá. Sorte!


C.V.RIANXO 3 - 0 BERTAMIRÁNS - LIGA ZONAL XUVENIL FEMENINA
(25-18/25-18/25-23)

 Tamén doada victoria a das xuvenís por 3 sets a 0 fronte o Bertamiráns. Neste encontro desputado o sábado pola mañá, poucas opcións lle deron ó rival dende os primeiros compases do xogo. E tamén coma as cadetes, o saque cubría as deficiencias do sistema, ainda por aprender e mecanizar das rapazas xuvenís. Cun dobre 25-18 nos dous primeiros sets, as rianxeiras só pasaron apuros para pecha-lo terceiro, que solventaron con dous ataques consecutivos.
 Polas xuvenís xogaron: Ainhoa, Cristina, Alicia, Naomi, Yaiza, Ana, Paula, Laura e Diana.
 Tras esta victoria acadan tamén o PRIMEIRO POSTO na clasificación, con dúas victorias e cero derrotas no seu casilleiro. A vindeira xornada enfrontaranse contra o Ames en Rianxo, o sábado pola mañá no pavillón municipal. Moita sorte!


C.V.RIANXO 1 - 3 XUVENIL TEIS - LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA
(13-25/14-25/25-20/21-25)

  Derrota dos infantís fronte o Xuvenil Teis por 3 sets a 1. Malia que o rival non dispoñía de tanto ataque coma o rianxeiro, si que tiña unha grande movilidade e defensa na segunda liña do campo, o que é fundamental nestas categorías. Os nosos rapaces, que seguen sen afinar as tarefas de recepción e colocación, non foron capaces de tumbar a defensa do Teis exceptuando as xogadas ben montadas, que se traducían nun bo remate rianxeiro que o rival era incapaz de defender. Isto, sumado ó potente saque de dous xogadores vigueses, fixo imposible que o Rianxo se mantivera no marcador salvo no terceiro set. Pese a todo, a mellora dos nosos infantís é moi notable, e semella que pronto comezarán a darnos victorias.
 Polo Rianxo xogaron: Samuel, Pedro, Mauro, Juan, Sergio, Juan Manuel, Xabier e Álex.
 Esta derrota deixa ós infantís en sexta posición, empatados a puntos co Santa María del Mar, quinto. A próxima xornada desprazaranse a Ourense para enfrontarse ó Burgas Volei o sábado pola mañá. Sorte!


C.V.RIANXO 3 - 1 XUVENIL TEIS - SEGUNDA DIVISIÓN A MASCULINA
(24-26/25-23/25-18/25-18)

 Importante a victoria acadada polos senior fronte o Teis, rival directo na táboa. Malia que comezaron o encontro cun 1-6 en contra, os rianxeiros foron capaces de poñerse á par do rival no luminoso ata o 20-20. A partires de aí repiteuse o que xa ven sendo unha mala costume, os erros. Un saque fallado e un remate á rede fixeron que o Teis se levase o primeiro set pola mínima. 
 Sabendo a importancia do encontro, os nosos senior non baixaron os brazos e, cunha mellora notable no saque, comezaron a facer moito dano no K1 do rival, que era incapaz de afinar na montaxe do xogo. Isto sumado ó acerto dos centrais rianxeiros, propiciaron unha moi boa defensa tanto en primeira coma en segunda liña, co seu consecuente contraataque polas alas. Salvado o segundo set pola mínima, nos dous seguintes semellou que o Teis baixara a cabeza, deixando de pelexar ata o final os puntos. Cunhas vantaxes de ata seis puntos, o terceiro e cuarto set transcurriron máis cómodos para os rianxeiros, que seguiron apretando no saque e non deron tregua na rede. Cun dobre 25-18 pecharon últimos set e o encontro.
 Polos senior xogaron: Brais, Jose Manuel, Miguel, Héctor, Cristian, Carlos, Román, Anxo e Eric.
 Logo desta victoria os senior situanse terceiros na clasificación. A seguinte xornada seguirán o camiño dos infantís para enfrontarse ó Burgas Volei, quinto clasificado, en Ourense.


Moita sorte a todos!

No hay comentarios: