martes, 6 de noviembre de 2012

DÚAS NOVAS VICTORIAS PARA O CASILLEIRO

ATLÉTICO BOIRO 0 - 3 C.V.RIANXO - LIGA ZONAL CADETE FEMENINA
(22-25, 20-25, 16-25)

Segunda victoria consecutiva para as rapazas cadetes, desta volta en Barraña fronte o Atlético Boiro. Ainda que as nosas non xogaron todo o ben que saben, tres sets foron suficientes para gañar ó novo equipo desta categoría. Coma no encontro anterior, o saque rianxeiro foi decisivo para coller vantaxe dende os primeiros puntos, dende o primeiro ata o último set, o que axudou a ter menos traballo na defensa e así montar un bo ataque. Malia todo, as nosas pequenas seguen cometendo errores de organización que as condicionan a meter o saque, cousa que haberá que adestrar para optar ós primeiros postos.

Por parte do Rianxo xogaron: Sara Fachado, Diana Franco, Laura Caamaño, Lía Ordóñez, Paula Ordóñez, Marta Calvo e Carla Arca.

Logo desta victoria as rapazas cadetes poñense terceiras na táboa, cun triple empate a 4 puntos co primeiro e o segundo clasificado. A vindeira xornada enfrontaranse en Rianxo ó Bertamiráns, quinto clasificado. Sorte!


VOLEIBOL RIVEIRA 0 - 3 C.V.RIANXO - LIGA ZONAL XUVENIL FEMENINA
(17-25, 9-25, 17-25)

A Riveira se desprazaron as xuvenís o domingo pola mañá para traer a segunda victoria da xornada, tamén por tres set a cero. As rapazas, que se estrean este ano na liga xuvenil, superon solventar o partido con facilidade fronte o Riveira. Coma as cadetes, tiraron do saque para facilitarse o resto do xogo, o que lles axudou a adaptarse ó novo sistema co que compiten este ano. Ainda que tamén con moitos erros por correxir, as xuvenís comezan con bo pé a tempada, esperemos que repitan a clasificación para a fase de asceso á liga galega do ano pasado.

Con esta victoria, as xuvenís colócanse no terceiro posto, cun partido de menos respecto do primeiro e segundo clasificado. A seguinte xornada enfrontaranse tamén ó Bertamiráns en Rianxo ás 12h. Sorte!


Os outros encontros da xornada serán os que enfronten ós nosos infantís e seniors fronte o Teis, ás 10:30h o partido infantil e ás 16:30 o senior. Cabe destacar a importancia do encontro para os senior, que necesitan a vitoria para non descolgarse na táboa.

Vemonos o sábado!

No hay comentarios: